venres, 28 de novembro de 2014

Escribimos a Biografía de Isabel Barreto





Isabel Barreto naceu en Pontevedra,Galicia,cara a 1567,segunda metade do seculo XVI. Pertencia á nobleza galega e o seu pai era un acaudalado mariñeiro que fora nomeado gobernador das Indias portuguesas. Isabel Barreto trasladouse coa súa familia ao Virreinato do Perú;a capital era Lima.En 1585 Isabel Barreto coñeceu a Alvaro de Mendaña  e casaron en Lima no ano 1586.En 1595 decide aconpañar ao seu marido na súa segunda viaxe onde fundaron unha nova colonia nas Illas de Santa cruz; ao pouco tempo Alvaro de Mendaña enfermou de malaria e morreu en outubro de 1595. Tras a morte do seu marido Isabel Barreto tomou o poder da colonia de Santa Cruz.Isabel Barreto partiu rumbo a Filipinas e chegaron en febreiro de 1596 ao porto de Manila.



Isabel Barreto casou con Fernando de Castro en 1597 volven a viaxar polo Océano Pacìfico rumbo a México,chegando aos catro meses a Acapulco.
Logo dun tempo,regresaron a Perú,onde Isabel Barreto morreu en 1612.



Ningún comentario:

Publicar un comentario